LOURENZÁ .- A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao portavoz do PSOE no Concello de Lourenzá, Jorge García Crespo, a dous anos de prisión e a outros dous de inhabilitación por presentar un escrito no que falsificou a firma da concelleira socialista Vanessa Carreiras para formalizar a dimisión desta como edil en Lourenzá. Así se recolle na sentenza que avanzou hoxe, martes, a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
Nin o condenado nin a demandante, que actualmente é concelleira non adscrita, quixeron facer declaracións sobre a sentenza. Si se pronunciou en Onda Cero A Mariña o alcalde de Lourenzá, o popular Vidal Martínez-Sierra, quen encomiou o fallo xudicial e comentou que a condena podería ser maior para o portavoz do PSOE pola gravidade da súa actuación.
A sentenza pode ser recorrida ante o Tribunal Supremo.