O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Mar, Remedios López, clausuraron o curso de surf, que se celebrou durante toda a semana nos areais bureleses. López Villar sinalou que “este curso que se desenvolveu con grande éxito de participación tívose que dividir en tres grupos. Coa despedida dos mais maiores damos por finalizada unha semana de deporte acuático, coa intención de que para o ano que ven volveremos a organizar outro e se pode ser de mais días”. A edil socialista deulle “as gracias á empresa HOLA!OLA e aos seus monitores que estiveron atentos en todo momento e preocupados polos nenos para que non houbera ningún imprevisto e tamén a todos os alumnos participes que demostran día a día o seu interese e disfrutaron plenamente do curso”.
Clausurado o curso de surf en Burela
Clausurado o curso de surf en Burela
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros