Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo firmou coa Xunta un convenio para construír a praza dos Campos de San Cibrao

CERVO .-  O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, formalizou xunto co conselleiro Agustín Hernández a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que posibilitará a construción da futura Praza dos Campos de San Cibrao

Nota de Prensa

O ALCALDE DE CERVO FIRMA COA XUNTA O CONVENIO QUE POSIBILITARÁ A CONSTRUCIÓN DA PRAZA DOS CAMPOS

* Á cantidade de 900.000 euros do convenio hai que engadir ademáis outra axuda de Medio Ambiente por valor de 151.000 euros, o que posibilitará o financiamento da obra ao 100% por parte da Xunta de Galicia

* Os traballos desta nova área de ocio e lecer de San Ciprián darán comezo ao remate do verán

Cervo, 12 xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desprazous este mediodía a Santiago para formalizar xunto co conselleiro Agustín Hernández a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia que posibilitará a construción da futura Praza dos Campos de San Ciprián, un espacio de lecer e ocio proxectado polo Goberno local.

Segundo recordou o rexedor cervense, a contía do convenio firmado esta mañá é  de 900.000 euros, aos que hai que engadir 151.000 euros máis aportados tamén pola Consellería de Infraestruturas a través doutra liña de axudas “co que conseguiremos que o custe total das obras sexa financiado ao cen por cen pola Xunta de Galicia” recalcou Villares. A este respecto o rexedor agradeceu a colaboración económica prestada pola Xunta de Galicia “para que este proxecto no que levamos traballando dende hai moitos anos, poida ser por fin unha realidade dentro de pouco”.

Ao remate do acto protocolario da firma do convenio o alcalde cervense indicou que a consecución desta actuación urbanística no centro da vila de San Ciprián é a materialización de moitos anos de traballo do equipo de goberno cervense e sinalou que o obxectivo deste nova infraestrutura é “brindar un espazo urbano onde a xente se poda relacionar e realizar actividades;  descansar e pasear”. Por último, Villares lembrou que os responsables do deseño deste novo espacio decantáronse por “abandonar calquera tipo de cuestións banais e  quedarse so co esencial”. “Tratouse de propoñer unha praza sobria, pero transcendente, baseada en formas útiles e en técnicas axeitadas para satisfacer a súa función fundamental: o seu uso e o goce por parte dos cidadáns”.

Exit mobile version