Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro lembra cunha misa a tódolos mariñeiros falecidos no mar

CELEIRO .- A praza do Náufrago de Celeiro será o escenario un ano máis, da misa que se celebra na honra dos náufragos do Badiola, Todos los Santos, Mary Loly Grela, Santa Ana nº 2, bergantín Palomo, fragata Magdalena e de tódolos mariñeiros falecidos no mar.

Nota de Prensa

Misa polos náufragos en Celeiro

Hoxe luns as 20,30 horas na Praza do Naufrago de Celeiro, a comisión pro momumento organiza a tradicional misa na honra dos náufragos e falecidos no mar, que se ven celebrando neste entorno dende 1995.

Cúmprense 49 anos da fatídica data do 12 de xullo de 1961 cando 30 mariñeiros de celeiro e dos arredores perderon a súa vida na galerna que asolagou as costas do norte de España, afundíndose entre outros 3 barcos con base no porto de Celeiro, o Badiola, o Todos los Santos e o Mary Loly Grela. Tamén neste ano cúmprense 59 anos do afundimento da embarcación celeirense Santa Ana nº 2 acaecida o 19 de decembro de 1951, cun balance de 10 falecidos.

Así mesmo na misa de hoxe teranse presente a tódolos mariñeiros falecidos no mar, e lembrando tamén neste ano dunha maneira especial no bicentenario do afundimento na nosa ria dos barcos da Real Armada Española bergantín Palomo e fragata Magdalena acontecido o dia 2 de novembro de 1810 , os falecidos nesta lutuosa traxedia cun balance de mais de 800 mortos.

Exit mobile version