Site icon Crónica3.com A Mariña

Campionato galego de apnea na piscina municipal de Lieiro, en Cervo

O domingo, día 11, a piscina olímpica municipal de Lieiro acollerá as probas do X Campionato Galego de Apnea a partires das 9 da mañá.  A competición servirá  de homenaxe ao cervense Juan Carlos Ben Quelle, “Kai”, falecido hai uns meses e integrante da selección autonómica desta modalidade. A proba está organizada polo club de pesca submarina “Faro Roncadoira”  e a concellería de Deportes do Concello de Cervo. As probas serán abertas ao público en xeral

Exit mobile version