BURELA (FNC) .- O Concello levará adiante unha campaña de sensibilización entre a poboación para evitar que depositen o cartón e os voluminosos na rúa sen ter avisado previamente a Celta Prix, a empresa que se encarga da súa recollida.
O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “vimos notando que nesta época de verán hai veciños que depositan enseres vellos e cartón ao lado dos contedores de recollida do lixo. Queremos lembrarlles que esto non se pode facer así porque temos un punto limpo ao que poden levar todas estas cousas, ademáis de poñérense en contacto coa empresa no seguinte teléfono 667 51 39 36”. Desde o Concello van iniciar en breve o reparto de dípticos informando á poboación do horario de funcionamento do punto limpo que está aberto os martes e os xoves de 17 a 19 horas e os sábados de 10 a 13 horas.
Llano pide colaboración á cidadanía “para manter Burela o máis limpa posible”.
Plan Xeral
Por outra banda, o rexedor anunciou hoxe que “a Xunta de Galicia e outros organismos como Carreteras, Medio Ambiente, etc, xa teñen nas súas mans o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Burela. Xa está informado e agora agardamos a súa contestación para o mes de setembro”.