Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela participa na Feira de Mostras do Noroeste que se celebra en Ferrol

En Burela izaron as bandeiras das praias o domingo

BURELA (FNC) .- Burela estará presente un ano máis na Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) que se celebrará en Ferrol do 6 ao 11 de xullo. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, asegura que “estaremos un ano máis na feira máis antiga de Galicia, unha clásica xa e interesante referencia, considerada como a máis importante do noroeste español, que concentra diversidade de sectores, primordialmente vencellados ao turismo que gaña cada vez un maior protagonismo”.

O edil nacionalista apunta que “a feira de Ferrol ocupa unha superficie superior aos 25.000 metros cuadrados, e tivo máis de 35.000 visitantes na pasada edición resultando sin duda este certame un escaparate ideal para  a promoción como destino turístico de calidade no que se está a posicionar o Concello de Burela”.

Burela estará presente durante toda a edición deste importante certame, que chega á súa 48 edición “divulgando todos os nosos recursos turísticos con stand propio do noso Concello, para trasladar ao visitante á nosa vinculación mariñeira e á nosa diversidade cultural e histórica e tamén ás nosas potencialidades gastronómicas”, segue a relatar José González Legazpi.

O concelleiro de Turismo engade que “en Fimo será presentada a vindeira feira do bonito deste 2010 que cumpre neste ano a súa vixésimo sexta edición, e alí terá lugar asimesmo unha degustación de bonito no espazo central do recinto feiral. Un acontecemento de relevancia de cara á potenciación dos nosos recursos e ao recoñecemento dunha feira emblemática para Burela, como é a do bonito declarada de interés turístico, moi importante para o desenvolvemento gastronómico e turístico do noso Concello”.

Distintivos azuis e medioambientais nas praias
O izado das bandeiras azuis que tivo lugar o  domingo nas praias de Burela. Burela recibiu cinco bandeiras azuis, das que catro foron izadas onte: a de Gaia está xa na praza do Concello, e tamén locen as de O Portelo, A Marosa e Ril. A que lle foi concedida ao barco museo Reina del Carmen será izada dentro duns días. Tamén ondean xa en Burela as bandeiras AENOR Xestión Ambiental UNE-EN ISO 14001 que recibiron os areais de O Portelo, Ril e A Marosa.

Exit mobile version