Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela promociona a práctica do surf co curso “A túa primeira onda”

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaron o curso de iniciación ao surf  A túa primeira onda que terá lugar en Burela por segundo ano consecutivo dentro duns días.

A edil socialista explicou que “este curso terá unha duración dunha semana, o ano anterior fora dous días e debido á gran demanda de participantes (85 alumnos) decidimos amplialo a cinco días mais. Será do 19 ao 23 deste mes e non ten límite de prazas, sen embargo solo estará aberto o prazo de matrícula  ata o vindeiro xoves 15, o venres traballarase en tramitar un seguro de responsabilidade civil a cada participante para comezar o curso como manda a Federación Galega de Surf”.

Remedios López lembrou que “este curso dirixido a nenos e non tan nenos a partir de 8 anos non ten límite de idade, faremos tres categorías diferenciadas por idades en horario de mañá. De 7, 8 e 9 anos será un grupo, de 10,11 e 12 anos outro grupo e o 3º para os mais maiores. Ata a fecha temos apuntados 67 participantes. Os interesados aínda se poden inscribir no Concello de Burela ou chamando no teléfono 982 58 60 00”.

A concelleira do Mar engadiu que “este curso será totalmente gratuíto para os participantes e farase a través da empresa Hola!Ola de Ribadeo, que ten monitores federados e trae todo o material necesario para o desenrolo do curso. Terá por escenario as praias de A Marosa e a urbana, todo vai depender da metereoloxía”.

Alfredo Llano e Remedios López animaron “a toda a poboación a participar, nós estamos intentando fomentar todos os deportes acuático e así tamén dar publicidade ás nosas instalacións, promocionando o concello de Burela, os seus areais con bandeiras azuis e a limpeza das súas augas”.

Exit mobile version