BURELA .- O CD Burela FS volverá reunir aos mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional no IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Base, nos que poden matricularse todos os nenos e nenas que o desexen e teñan entre 7 e 14 anos. Ao acto de presentación no salón de plenos do concello de Burela asistiu o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga,
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO IV CAMPUS MIXTO INTERNACIONAL DE FÚTBOL BASE DO CD BURELA FS
O CD Burela FS volverá reunir aos mellores especialistas do fútbol sala nacional, estatal e internacional do 14 ao 17 deste mes, para a cuarta edición deste Campus
BURELA, 8 de xullo de 2010.O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu á presentación, xunto ao alcalde de Burela e responsábeis técnicos deportivos, do IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Base, que tivo lugar no salón de plenos do concello de Burela. O CD Burela FS volverá reunir aos mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional nestas xornadas, nas que poden matricularse todos os nenos e nenas que o desexen e teñan entre 7 e 14 anos.
Nesta ocasión, os convidados ao campus son personalidades do mundo do deporte como José Mª. Pazos Méndez “Pulpis”, seleccionador de Tailandia que xa asistira na primeira edición, o xogador internacional Marcelo e o ex-gardameta do Azkar Lugo, Toni, ademais dos adestradores Paulo Eduardo de Jesús Pinho “Padú” e Juan Miguel García “Juanito”.
O campus, ademais do patrocinio da Área de Deporte da Deputación, conta co da Fundación Deporte Galego, e o Concello de Burela entre outros. Con tan só tres edicións ás súas costas, o Campus Burela FS xa constitúe un referente na axenda deportiva da Mariña, debido tanto ao seu éxito de participación como aos profesionais que asistiron nas pasadas edicións: Venancio López, seleccionador de España, Eduardo Sao-Thiago Lentz “Duda”, adestrador de El Pozo Murcia, Bruno García, adestrador do Azkar Lugo e seleccionador de Galiza, María Varela Bardanca, seleccionadora de Galiza Feminina, e o ex-internacional Javier Orol.