Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o alcalde de Foz destinou uns 290 mil euros a pagar tres facturas a pesar dos reparos do interventor

Nota de Prensa

Os populares de Foz lamentan que esta importante cantidade de diñeiro non se dedique a outras prioridades de interese xeral como poden ser de servizos sociais, arranxos de colexios, desbroces, mellora de estradas municipais, alcantarilados…etc.

O Sr. Alcalde, na sua liña ditatorial, sáltase os procedimentos legais e destina preto de 290.000 euros para o pago de três facturas de unha obra a pesar dos reparos do interventor municipal.

O informe de fiscalización das facturas pon de relevo importantes irregularidades: cuestiona o procedemento de contratación, alerta da carencia de proxecto construtivo e salienta a falta de cesión dos terreos onde se levou a cabo a obra.

Das malogradas arcas municipais saíron un total de 288.760,22 euros, en distintos exercicios, o que fan sospeitar que podería estar incorréndose nun fraccionamento ilegal da adxudicación do contrato para evitar que saia a concurso.

Foz, 30 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de denunciar que o Goberno municipal que preside José María García Rivera destinou preto de 290 mil euros para executar unha obra saltándose os procedementos legais e desenvolvéndoa en terreos privados, de tal xeito que agora a fiscalización das facturas se atopa cos reparos do interventor municipal, do funcionario independente encargado da supervisión, disciplina e control económico da facenda local.

Os populares lamentan que esta importante cantidade de diñeiro público non se destine a outras prioridades de interese xeral como poden ser arranxos de colexios, limpezas de pistas deportivas, desbroces, mellora das estradas municipais,atención en servizos sociais,… etc, tendo en conta que o propio informe de intervención recoñece que se trata duns cartos procedentes da facenda local e cos que se realizaron pagos vulnerando previsiblemente o procedemento legal establecido, e dos que non poderán disfrutar  todos os veciños e veciñas do Concello de Foz.

SEN PROXECTO, EN TERREOS PRIVADOS

Pero estas non son as únicas irregularidades salientadas polo informe do órgano fiscalizador. Así por exemplo cuestiona o procedemento empregado para a contratación da obra, pois nin tan sequera existía proxecto construtivo. “Non consta nas dependencias municipais, ou polo menos intervención non ten constancia da existencia deste proxecto que debería ser aprobado con carácter previo á execución das obras” di literalmente o informe.

O mesmo documento subliña a falta de cesión ao concello dos terreos privados nos que se executou esta actuación “non consta que as instalacións ás que se refire a fiscalizar pertenzan  ao Concello, nin que exista convenio algún para poder o Concello uso do mesmo” e, polo tanto, non ten cabida algunha que se empreguen cartos públicos de todos os veciños para pagar estas facturas, polo menos empregando este procedemento.

O Interventor municipal non se queda aí e no seu informe tamén subliña que das malogrados arcas municipais saíron un total de 288.760,22 euros, en distintos exercicios orzamentarios para actuacións similares que tamén se executaron nestes terreos privados. Esta práctica fai sospeitar –e así o establece o propio informe- que podería estar incorréndose nun fraccionamento ilegal na adxudicación do contrato para evitar que saia a concurso, para evadir polo tanto un procedemento máis transparente e garantista que o empregado na elección da empresa que realizou as obras.

XERAR UN PROBLEMA ONDE NON EXISTE

Segundo o PP unha vez más estamos ante un exemplo do “xeito de actuar claramente autoritario e ditatorial do Sr. Alcalde, que tendo na súa man facer as cousas ben, e empregar as canles axeitadas, decide obviar o procedemento legal, creando un problema onde non existía. “Agora probablemente non se poderá pagar as facturas, teremos un conflito coa empresa coa que se contraeu esta débeda e en todo caso, a fiscalización desta operación podería obrigar nun futuro ao reintegro das cantidades das que se dispuxo indebidamente” para realizar estes pagos, ante a evidencia de defectos procedimentais no contrato, e na aprobación das  facturas. “Todo polo mal facer do señor Alcalde e o seu equipo de goberno”.

Exit mobile version