CERVO .- Os días 29,30, 31 de xullo e 1 de agosto celébranse as “X Veladas de Teatro no Souto” e a terceira edición de “Express-arte” na praza do Souto de Cervo. Cada noite comezará cun aperitivo musical para rematar cunha velada teatral.
Nota de Prensa
X Veladas de Teatro no Souto e III Express-arte. Os vindeiros días 29,30, 31 de Xullo e 1 de Agosto , ás nove e media da noite , na Praza do Souto de Cervo , celebrarase o Décimo Aniversario das Veladas de Teatro no Souto e a terceira edición de Express-arte, un cóctel músico teatral , con entrada libre, que este ano se poderá disfrutar con escenario e público totalmente cubertos e resgardados das posibles inclemencias atmosféricas.
Cada noite comenzará cun aperitivo musical para rematar cunha velada teatral de acordo ó seguintes programas.
Xoves, día 29 de Xullo, actuación do cantautor mariñán Antón Crego , na compaña de xoves promesas musicais, e do Grupo de teatro “A Adala” de Fazouro que representará a súa nova comedia titulada “Ilusións”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.
Venres, día 30 de Xullo, amenizarán os mestres da Rondalla Galaico- Asturiana, para continuar coa compañía “AD LIBITUM” de Ferrol que porá en escena “O meu home tolea” dirixida por Yuyi Bastida.
Sábado, día 31 de Xullo, comezará a xornada na compaña da “Orquestra Variedades de Cervo” e a continuación o grupo “Rosario Trabanco ” de Gijón representará a peza teatral “Tan repetios” escrita por José Ramón Oliva
Domingo, 1 de Agosto, concerto de “Aires do Padornelo” de Mondoñedo e clausura do Décimo Aniversario das Veladas no Souto a cargo do grupo anfitrión “O Bordelo” de Cervo que representará o seu último traballo titulado ” Quintana de vivos, anguria dos orfos” escrita e dirixida por Francisco Piñeiro