Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que publica o DOG o anuncio para mercar un ecocardiógrafo destinado ao Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA

O Diario Oficial de Galicia de hoxe fai publica a resolución da xerencia do hospital de Burela polo que se anuncia a contratación deste equipamento
A XUNTA INVISTE 105.000 EUROS NA A ADQUISICIÓN DUN ECOCARDIÓGRAFO DESTINADO AO HOSPITAL DA COSTA

* Balseiro subliña que este e  outros investimentos veñen a materializar o compromiso do actual Goberno de Galicia coa sanidade comarcal e coa mellora da tecnoloxía dispoñible neste centro hospitalario.

A Mariña lucense, 6 de xullo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOGA) vén de facer público no día de hoxe a resolución da Xerencia do  Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación da adquisición dun ecocardiógrafo destinado ao Servizo de Cardioloxía deste hospital público mariñán.

O investimento previsto para a dotación deste novo equipamento é  de 105.000 euros e entre os criterios de adxudicación prima sobre todo as características técnicas que dispoña este aparataxe e as melloras técnicas que poida incorporar.

O deputado popular subliña que este e outros investimentos veñen a materializar o compromiso do actual Goberno galego coa sanidade comarcal e coa mellora da tecnoloxía dispoñible neste centro hospitalario.

O devandito equipamento é moi útil no diagnóstico precoz de enfermidades cardíacas, de feito, pode proporcionar unha abundancia de información proveitosa, incluíndo o tamaño e a forma do corazón, a súa capacidade de bombeo e a localización e a extensión de calquera dano aos seus tecidos. Cómpre lembrar que as doenzas do corazón son a primeira causa de morte na nosa sociedade e a realización de revisións cardiovasculares apoiadas con este tipo de tecnoloxía e cun seguimento continuo do especialista supoñen a mellor garantía para coidar a saúde cardiovascular.

Exit mobile version