Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros afirma que sempre foron estritos na concesión de licencias urbanísticas

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o seu equipo sempre foi estrito na concesión de licencias para a construción de vivendas no seu municipio. Fuente Parga insiste en que houbo unha intervención política en Barreiros por parte do bipartito na Xunta.

Sobre a sentencia que transcendía nas últimas horas e que ve legais máis dun cento de pisos en Barreiros, o rexedor fixo esta mañá unha corrección “dado que a sentencia non é do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia senón que é da Audiencia Provincial. Versa sobre a construción de 162 vivendas sobre as que a Axencia da Legalidade Urbanística dicía que se concedera licencia en suelo rústico tanto neste caso como noutros varios”.

Alfonso Fuente sinala que “a sentencia di que os inspectores superpuxeron planos que non se podían empregar deste xeito porque non estaban á mesma escala e un falaba sobre a clasificación do solo e outro sobre a cualificación e entón eso non era o correcto. Nós sempre mantivemos que fomos todo o estritos que tiñamos que ser en canto ao cumprimento da normativa. Esta sentencia ven aclarar un pouco máis o que o Concello veu mantendo neste tempo”.

O alcalde barreirense insiste en que “o que houbo en todo esto e así o corroboran as sentencias foi unha intervención política, se atacou a este Concello porque aquí gobernaba o PP e na Xunta estaba o bipartito, se centraron os focos de atención sobre Barreiros, se buscou calquera forma, punto ou coma para poder intervir e agora pasa o que pasa. Estamos vendo a luz sobre estas cuestións e conto que co paso do tempo quede moi claro que a intervención era política e que estaba sen fundamentar en cuestións técnicas”.

Exit mobile version