Site icon Crónica3.com A Mariña

Acabouse o pan e circo

A drástica redución dos ingresos compromete os investimentos e deixa ós concellos sen recursos para incentivar o voto con abundantes obras públicas, as festas, as primeiras afectadas pola crise, séguelles unha significativa disminución de proxectos que minguará as inauguracións.
Acabouse o festín. A intensa crise económica que atenaza as caixas de caudais públicas e privadas deixou sen apenas marxe de manobra ós alcaldes no seu último ano de mandato, xusto cando máis diñeiro se gastaba para endulzar a reflexión electoral dos cidadáns. O esborralle inmobiliario e financeiro deixou tan exhaustas as arcas municipais que algúns concellos, deixaron baleira a partida de investimentos propios de 2011. Só poderán sacar peito.
O abarrotado calendario de inauguracións, que enchía a axenda política nos meses anteriores á apertura das urnas, corre o risco de reducirse esta vez á mínima expresión ou, polo menos, de perder a espectacularidade e solemnidade de outrora. A gran alternativa será abusar das recorridas cerimonias de colocación de «primeiras pedras», proxectos de novos edificios municipais e infraestruturas públicas que só existirán sobre o papel.
As festas patronais foron o primeiro síntoma. O programa festivo sempre se recargaba no último tramo da lexislatura para deixar un bo sabor de boca entre os administrados. Se contrataba aos mellores artistas, grupos e orquestras. Tampouco se escatimaba gastos en fogos artificiais e as subvencións ás comisións festeras eran xenerosas. Pero esta vez o orzamento non chega. Todo aquilo acabou.
Os alcaldes deberán enfrontarse agora ós electores co posto. A algúns os recortes decretados polo Goberno central, que impiden ós concellos acceder a máis créditos, pilloulles co pé cambiado. Agora xa non poden recorrer ó endebedamento. O electoralismo púxoselles moi caro.
Otero Regal

Exit mobile version