Durante o mes de agosto vai estar aberta a preinscrición para o Curso 2010/2011 da Escola Municipal de Música. As persoas interesadas deben rexistrar a ficha de Preinscrición no rexistro municipal do concello en horario normal das oficinas municipais. Deberán achegar, xunto coa ficha cuberta, o DNI e unha fotografía. Rematada a preinscrición, farase pública a lista de admitidos na Escola, tendo un prazo de 15 días para formalizar a matrícula, e realizar unha transferencia bancaria de 35 euros por alumno e curso completo.