BURELA .- O Club Ciclista Burela organiza a XV Rota Cicloturista da Mariña que se celebrará o vindeiro sábado dia 10 de xullo; terá un percorrido de 95 quilómetros por concellos de A Mariña
Nota de Prensa
O Club Ciclista Burela organiza a XV Rota Cicloturista da Mariña que se celebrará o vindeiro sábado dia 10 de xullo.
Ésta rota está no calendario da Federación Galega de Ciclismo e terá un percorrido de 95 kilómetros que recorren os Concellos de Foz , Ourol e Burela.
A saída será as 15:30 horas dende o pavillón dos institutos donde estará situada a línea de meta.
Ésta actividade non é de carácter competitivo anque a velocidade será libre , non vai ser neutralizada ; os ciclistas darán unha volta polas rúas de Burela pa dirixirse a estrada de Cangas a Ferreira dende donde cada ciclista marcará o ritmo que lle pareza máis axeitado ata o remate da proba no mesmo pavillón dende donde partiron.
Durante o percorrido terán tres portos de bastante dificultade como son : Vilacampa , primeiro subindo dende Ferreira e despóis dende Chavín e como remate o alto do Monte Castelo en Burela.
Está previsto un percorrido alternativo na metade da proba por donde irán os máis rezagados e así chegarán con máis ganas e forzas pa poder subir ó Monte Castelo.
O remate haberá duchas e unha comida donde se entregarán os trofeos o Club máis numeroso , o Club máis lonxano , o participante máis xoven e o máis veterano asi como un recordo a cada participante .
Os trofeos son donados pola empresa de cerámica Burelarte que leva colaborando co Club dende a súa fundación.