Nota de Prensa
NNXX de Burela denuncia o mal estado das instalacións deportivas do campo de futbol da Marosa.
A Xestora de Novas Xeneracións de Burela quere reclamar un mellor coidado e mantemento das instalacions do campo de futbol da Marosa en Burela, xa que, durante o verán, entendemos que se fara un uso máis frecuente das mismas.
Queremos denunciar a falta de coidado que presentan distintas partes das instalacións, comezando polo sistema de rego do campo, o cal presenta un estado lamentable dos tubos dos aspersores asomando polo mesmo. Entendemos que isto, deixando de lado que supón un claro elemento antiestético, tamén supón un risco para as persoas que faigan uso do mesmo ou incluso incapacita o seu disfrute. Tamén queremos denunciar que o sistema de rego está disposto de tal xeito que algún dos aspersores situados nos extremos do campo apuntan hacia ás gradas, o que supón un claro desperdicio de auga.
Asi mesmo, a vexetacion dos exteriores das vallas alcanzarou unha altura que incluso supera ás mesmas e imposibilita o paso de calquera persoa. Opinamos que é necesario manter segado para o correcto uso e disfrute das instalación.
Por ultimo, queremos mencionar que o estado das rexas que rodean as pistas de tenis non é o adecuado, xa que se atopan desprendidas e rachadas da estructura metálica e tamén presentan un deterioro bastante importante debido ó paso do tempo, o que sin duda e un reflexo do desinteres co que atenden as nosas instalacions.