Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Benestar de Burela “pídelle aos populares que cumpran” coas Casas Baratas e a rúa do Río

BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, tilda de inútiles as xestións realizadas polo portavoz do PP para a reforma dos telladas das Casas Baratas e da rúa do Río. E pídelles aos populares que cumpran co que estaba asinado e comprometido polo anterior goberno galego.

A edil nacionalista dixo que “só me cabe cualificar esas xestións de inútiles e non aportan nada para os veciños das Casas Bartas que van quedar sen que se amañen os seus tellados por culpa do Partido Popular na Xunta que gastou os cartos e agora non se quere facer cargo das obras. Son inútiles porque todo o que di xa nos fora comentado pola delegada territorial da Xunta en Lugo coa que nos entrevistamos a comezos do pasado mes de maio acompañados dos representantes da asociación de veciños das Casas Baratas e ela mesma nos dixo que ía tratar o tema co conselleiro e que despois nos volveríamos xuntar. O que nos dixo Raquel Arias naquel momento é o mesmo que repite agora o señor Barcia, que por certo, xa non volve co argumento de que non había cartos para estas obras porque iso parece que xa lle quedou claro a él e ao PP cando este mesmo tema se tratou no parlamento galego”. Neves Cando lembrou que “nos orzamentos do IGVS do ano 2009 no capítulo 6 na partida 6170 aparecían recollidos 6 millóns de euros para reformas de vivendas, do que case 1 millón correspondía aos inmobles das Casasa Baratas e da rúa do Río en Burela”.

A edil de Benestar Social considera que “o que ten que explicarlles o señor González Barcia aos veciños das Casas Baratas é en qué gastaron eses cartos destinados á reparación desas vivendas e porqué antes co anterior goberno da Xunta e co compromiso da daquela conselleira de Vivenda se ían reparar estas vivendas con custe cero para os veciños e agora o goberno do PP na Xunta pretende desfacerse deste compromiso e facerlles pagar estas obras aos veciños”.

Neves Cando recoméndalle “ao señor Barcia que non esconda a cabeza neste tema, diga porqué non queren facer esas obras e deixese de andar de correveidile polas Consellerías porque nada amaña, igual que cando se entrevistou coa conselleira de Benestar polo tema da necesidade dunha nova escola infantil, nada trouxo e nada concretou. Non engane os veciños e cumpra co que estaba asinado e comprometido”.

Exit mobile version