NOTA DE PRENSA:
A PRAIA DO TORNO PRESENTABA UN ASPECTO LAMENTABLE O DÍA DAS COLCHONETAS E ATRACCIONES PARA OS NENOS
Dende o GMS xa denunciamos que a perda da bandeira azul da praia afectaría negativamente ao estado do areal
CERVO, 22 DE XULLO. O GMS quere manifestar publicamente as novas queixas por parte dos veciños polo estado de abandono que sofren os distintos areais da Vila.
Cando no mes de xuño coñeciamos a perda da bandeira azul da praia do Torno, xa temíamos que o resultado se traduciría nunha perda de servizos nos areais e desgraciadamente vemos coma están a ser certos os nosos temores.
Nese momento, esixiamos publicamente ao alcalde de Cervo que a perda da bandeira azul da praia do torno non significara unha merma nos servizos e no estado de conservación das praias.
Falta de previsión
O pasado sábado 17 de Xullo con motivo da celebración das festas do Carmen instalábanse na praia do Torno uns xogos infantís para o desfrute do mais pequenos e tanto os participantes coma as familias que acudiron cos nenos comprobaron con asombro e moita paciencia o estado lamentable no que se atopaba a zoa de xogos, sorteando as numerosas algas acumuladas e restos de madeira amontoados que se cravaban nos pes dos mais pequenos de forma desagradable. Sen dúbida, unha falta de previsión absoluta, que poderíase haber solucionado durante a mañá, posto que os xogos comezaron as catro da tarde.
Todo isto non fai mais que poñer novamente de manifesto a pouca dedicación e preocupación que ten o máximo responsable do municipio coas competencias propias do Concello, e corrobora o que xa temos denunciado por activa e por pasiva dende o GMS que é a súa vagancia e ineptitude.
¿Porqué sabendo que a praia ía estar concorrida ante unha actividade planificada e anunciada non foi capaz de ordenar que se limpase a praia aínda que so fose para ese día?
A Resposta xa esta dada: pola súa pouca dedicación aos veciños e ao municipio e quizais porque o persoal do Concello estaba a facer outras tarefas que non son da súa competencia coma a limpeza de cunetas das vías provincias, utilizando recursos económicos e humanos de todos os Cervenses en cometidos que non lle competen.
Por enésima vez lle pedimos ao Sr. Villares que se poña a traballar polo ben dos veciños e do Concello.