Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco celebra as “XV Xornadas de Historia Local” de Foz do 2 ao 5 de agosto

FOZ .- A asociación socio-cultural A Pomba do Arco de Foz organiza as decimoquintas “Xornadas de Historia Local” con un nutrido programa que se desenvolverá do 2 ao 5 de agosto. As xonadas contarán con Mini e Mero, Antón Niñe, Alba Díaz e Ramón Reimunde.

Nota de Prensa

A Pomba do Arco celebra as XV Xornadas de Historia Local.

Os vindeiros 2,3,4 e 5 de Agosto a Casa da Cultura de Foz vai acoller a décima  quinta edición das Xornadas de Historia Local que como ven sendo tradicional a Asociación Socio-Cultural A Pomba do Arco organiza na vila focega na primeira semana de Agosto.

A Pomba do Arco considera que estas xornadas estanse a converter en toda unha referencia na labor de résgate e de posta en valor da historia de Foz, como un todo, dentro do que é a historia de Galiza. Nunca entendemos desde A Pomba do Arco a historia local como un micromundo do saber concreto e moito menos un aparte que servise de refuxio ao reino da erudición. A historia local para nos é un xeito de achegarnos ao mundo desde o que nos é máis cércano e unha forma de comportarnos  como galegos nun mundo globalizado.

As mulleres e os homes que formamos parte da Pomba do Arco sentémonos satisfeitos do traballo desenvolto ao longo destes trece anos, non por dar consolidado unha actividade que nace da sociedade e ao marxe das institucións, senón pola nosa modesta contribución a dotar ao Concello de Foz dunha historia de seu. Nunca acreditamos na existencia de pobos sen historia, e o tempo transcorrido desde a primeira edición das xornadas fixeron bo este axioma do que partimos aló polo 1995.

O luns 2 de Agosto darán comezo as Xornadas cunha charla concerto a cargo de Mini e Mero, membros fundadores do grupo “Fuxan os Ventos”, que levará como título “Os cantares de Foz” no que estes dous veteranos músicos cantarán cantigas de cego referidas a nosa zona así como cantares característicos do Concello de Foz. Neste sentido queremos destacar que Mini e Mero inclúen no seu repertorio catro temas novos que son “O Máis enxebre de Foz”, “Da fraga da degolada” e “Sr Roque” dous temas con letra de Xosé Ramón de Boni que se cantaron en Foz nos anos 40 e 50 e que reflicte feitos da vida local dese ano así como “El nuevo Poblador”.

O Martes 3 de Agosto o Profesor Antón Niñe, persoa dunha importante bibliografía sobre a historia local, impartira unha conferencia sobre os 70 anos do Colexio Martínez Otero, onde repasará a historia deste centro educativo. Antón Niñe acompañará a súa intervención cunha proxección de diapositivas que recolle fotos das promocións de focegos e focegas que pasaron por este centro educativo ao longo desta sete décadas. A maiores Antón Niñe referirase ás ordes relixiosas que rexentaron o centros (menesianos, maristas e salesianos) así como aos fitos máis destacados deste colexio.

O Mércores 4 de Agosto intervirá Alba Díaz, unha nova investigadora, Licenciada en Historia, natural de Nois, que está a preparar a súa tese de doutoramento sobre o cambio social e a conflictividade rural na Galiza das catro últimas décadas. Alba Díaz. Alba Díaz presentara un traballo co título “ O rural de Foz.1960-1980”, no que analizara os cambios sociais e económicos que se viven fora da vila neste periodo tanto no plano económico, como demográfico, como cultural, facendo destaque que vai ser este período onde as entidades que conforman o Concello viven a súa máis importante transformación como consecuencia da perda do peso demográfico pero tamén pola modificación da súa estructura de producción.

As xornadas fecharanse o Xoves 5, cunha intervención do Profesor Ramón Reimunde, sobre “A literatura de tradición oral no Concello de Foz”, na que este veterano estudioso da nosa literatura e da nosa lingua fará unha achega  a nosa tradición oral, tanto aquela de caracter anónimo como aqueloutra de poetas populares como Boni, Campá ou o Escolástico. O profesor Reimunde tamén dará a coñecer vellas coplas focegas, algunhas do século XIX, recollidas no marco dun traballo de investigación sobre a tradición oral na nosa Comarca.

As conferencias celebraranse as 20:30 horas na Casa da Cultura focega, querendo desde A Pomba do Arco convidar a todos os veciños de Foz e da Mariña de Lugo destas xornadas. Nesta ocasió o cartel das xornadas correspondese cunha foto de Foz Ruth Matilde Andersen, tomada no ano 20. Paralelamente as Xornadas a Casa da Cultura Focega acollerá unha exposición sobre “O Castro da Atalaia” da autoría de Mariña Patrimonio.

Exit mobile version