Nota de Prensa
IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
prazo de entrega ata o 30 de setembro, premio único
de 600 €
PARTICIPANTES E TEMA
Poderán presentarse a este Certame calquera autor español ou
residente en España que teña máis de 18 anos no momento de
entregar o traballo. As obras versaran sobre temática libre
CONDICIÓNS XERAIS.
Cada autor/a pode presentar tres obras como máximo, que deberán
ser non premiadas con anterioridade.
Os textos poden ir en galego ou castelán
A técnica a empregar é libre. O formato pode ser unicamente en A3
ou en A4 con disposición vertical.
Os traballos deben ter catro páxinas como mínimo e dez como
máximo.
Alternativamente á presentación física, pódese enviar traballos de
cómic en formato dixital en arquivo jpeg coa tamaño A4 (2480×3508
px en resolución mínima de 200 ppp) Igualmente poden enviarse
tres obras sempre que conxunta ou individualmente enviadas non
supere o arquivo adxunto os 10 megas ao correo
bdvaladouro@gmail.com
PRESENTACIÓN, DOCUMENTACIÓN E PRAZO.
A presentación das obras no certame debe ir acompañada dun sobre
pechado onde irá a folla de solicitude que se titula Ficha BD . Este
Anexo pódese descargar en www.valadouro.org en documentación,
atopar nas oficinas municipais do Concello do Valadouro, por fax a
982 574 303 ou por correo ordinario a:
Nesta folla de solicitude irán os seguintes datos de identificación:
-Título/s da/s obra/s.
-Nome e apelidos do autor.
-Data de nacemento
-Enderezo, teléfono e e-mail(este dato opcional)
-Localidade.
Así como unha fotocopia do DNI ou pasaporte.