Site icon Crónica3.com A Mariña

A fin de semana celebrase en Foz a XLVIII Travesía Ría e a II Travesía en K4 e C4

FOZ .- Na Casa da Xuventude de Foz á presentouse a XLVIII Travesía Ría de Foz e da II Travesía en K4 e C4, que se celebrarán este sábado 24 e domingo 25, respectivamente e que organiza o Club Kayak de Foz. A Travevesía da Ría de Foz é unha das citas máis antiga de Galiza, a segunda, e a terceira máis antiga do estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. No acto de presentación participaron o delegado de Deporte da Deputación, Antonio Veiga; o presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, e a concelleira de Deportes de Foz, Rosa Alonso.

Nota de Prensa

PRESENTOUSE ESTA TARDE A XLVIII TRAVESÍA DA RÍA DE FOZ E A II TRAVESÍA K4-C4 FOZ, QUE SE CELEBRARÁN ESTA FIN DE SEMANA

Antonio Veiga asistiu á presentación deste evento, que organiza o Club Kayak de Foz e é o terceiro máis antigo do estado

FOZ, 22 de xullo de 2010. O delegado de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, asistiu esta tarde na casa da xuventude de Foz á presentación da XLVIII Travesía Ría de Foz e da II Travesía en K4 e C4, que se celebrarán este sábado 24 e domingo 25, respectivamente. Ao acto tamén asistiron, ademais de Antonio Veiga, o presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, e a concelleira de Deportes de Foz, Rosa Alonso.

Na súa intervención, Antonio Veiga declarou que “este tipo de actividades, ademais do valor que teñen como eventos deportivos consolidados, aportan un valor engadido que é a afluencia de xente ao concello co gallo da súa celebración: moitas persoas se achegarán a Foz esta fin de semana para asistir ao evento”. Por outra parte, manifestou “parabéns á nova directiva do Club Kayak por ter dado continuidade co seu esforzo a este evento, que está a piques de cumprir medio século de vida”. Pola súa banda, Nacho Romillo manifestou o seu agradecemento ás institucións que colaboraron para a celebración da travesía, así como especialmente aos comerciantes de Foz que fixeron aportacións á medida das súas posibilidades.

Con esta edición, que terá lugar este sábado 24 a partires das 16:30 horas, xa son 48 as que se levan celebrado desta travesía, o que a converte na segunda máis antiga de Galiza e a terceira máis antiga do estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño, e polo tanto, é unha das citas máis importantes do calendario mariñao. Nesta ocasión, máis de 250 embarcacións participarán. A Travesía en K4 e C4 celebra a súa segunda edición este domingo 25, a partires das 16:30 horas e coa participación de cerca de 40 embarcacións, continuando así coa intención de consolidarse como outra cita ineludible no calendario deportivo. Estas dúas modalidades son as máis espectaculares do piragüismo, tanto pola velocidade que alcanzan as embarcacións como pola sincronización dos padexeiros. Nesta ocasión, a Travesía da Ría de Foz foi seleccionada como sede para a celebración do Campionato Galego de Ríos e Travesías, polo cal o gañador do día 24 de xullo será o campión galego. Tanto a Travesía da Ría de Foz como a Travesía en K4 e C4 puntúan para o XV Gran Premio galego de ríos, travesías e maratón.

O Club Kayak de Foz aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila. Nos últimos anos, a agrupación tratou de relanzar esta actividade entre a xuventude, posto que é unha maneira máis de disfrutar do mar e a ría, aproveitando así a situación do concello, moi propicia para desenvolver este deporte

Exit mobile version