Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Imaxe e Son de Lugo dispón do 20 por cen das prazas libres

LUGO .- A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC cubriu o 80 por cen das parazas en dous días. Os interesados aínda poden realizar a preinscrición ata o venres na sede da Escola.
NOTA DE PRENSA

A TIC cubre o 80% da prazas para cursar estudos na EIS a dous días de que remate a preincrición
– Das 44 prazas que oferta a Escola de Imaxe e Son de Lugo, tan só quedan libres un 20% para poder cursar o ano que vén os ciclos superiores en Realización e Produción de Audiovisuais
– Os interesados aínda poden realizar a preinscrición ata o venres na sede da Escola
– A listaxe de admitidos publicarase o vindeiro luns na páxina web e no taboleiro do centro

A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC, está a recibir un grande número de solicitudes para cursar o vindeiro curso 2010-2011, os ciclos superiores de Produción e Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Nestes momentos, das 44 prazas que oferta o centro educativo están xa cubertas o 80%. O prazo remata este venres, polo que os interesados aínda  poden solicitar ás últimas prazas na sede da Escola, situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos. Tanto o impreso como a documentación correspondente, pódese descargar a través do portal web www.fundaciontic.org.
O vindeiro 12 de xullo, a Fundación TIC publicará  na súa páxina web e no taboleiro da Escola de Imaxe e Son, a listaxe definitiva de admitidos, así como, a de solicitantes excluídos e os que quedan en espera.
A partir do 15 de xullo e ata ó 23 dese mesmo mes, abrirase o prazo para que os admitidos formalizacen a correspondente matrícula. De non facelo no prazo establecido, entenderase que renuncian á praza que será adxudicada ós solicitantes que quedaron en lista de espera por orde de entrada.
A única Escola de Imaxe e Son
A Escola de Imaxe e Son de Lugo é o único centro da provincia onde se imparte formación no eido do audiovisual. O centro ten como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vencellar directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Deste xeito, dende o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, máis de 125 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización. En 2009 foi o curso no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido o aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera.
Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e mantén convenios de colaboración cunha decena de entidades sociais, para difundir o seu labor sen ánimo de lucro. A través destas colaboracións, a Deputación de Lugo dá un novo impulso á relación que a EIS mantén co sector empresarial para a realización de prácticas dos seus alumnos e na procura da súa inserción laboral ó remate dos seus estudos.

Exit mobile version