RIBADEO .- Once grupos traballan nas rodaxes de curtametraxes para participar no certame A Toda Mecha de OFestivalON, en Ribadeo. Sábado entregaranse os premios ás mellores curtas e terá lugar un concerto de Lamatumbá e Os Crebinsky.
Nota de Prensa
OFestivalON proxectará hoxe o filme Os Crebinsky e mañá celebrará a súa gran gala
Mañá se entregarán os premios ás mellores curtas e terá lugar o concerto de Lamatumbá e Os Crebinsky
Continúan as rodaxes de A Toda Mecha nas rúas de Ribadeo
Trala inauguración de OFestivalON, hoxe terá lugar a proxección do filme Os Crebinsky ás 21.30 horas no Cine Teatro. Ademais, mañá, o día grande deste festival se celebrará a gala de entrega de premios ás mellores curtas. As categorías nas que compiten son animación, ficción e documental, así a Mellor Curta de Fición levará o Misto de Pau de Sabugueiro, a Mellor Curta Documentario, o Misto de Pau de Carballo, a Mellor Curta Animación terá o Misto de Pau de Castiñeiro e a Mellor Curta do Público terá o Misto de Pau de Loureiro. Todos estes premios terán como compensación 1.200 euros.
Ademais, o día comezará cunha serie de proxeccións dende as 11 da mañá, que continuarán coa presentación do libro “Cine y televisión digital”, de Jorge Carrasco, ás 13 horas no Cantón dos Moreno, onde o autor charlará cos asistentes sobre este manual técnico.
Máis tarde, ás 14 horas terá lugar unha Caldeirada en Remourelle e ás 15 horas retomarase a Sección Oficial no Cine Teatro, que dará paso á estrea das curtas resultantes de A Toda Mecha ás 17 horas. Ás 21 horas, os Crebinsky percorrerán as rúas de Ribadeo, cantando e bailando ó son da música do filme.
Por outra banda, as proxeccións se están a realizar de forma ininterrumpida durante todo o día, contando con afluencia do público que se acerca, tanto ó Cine Teatro como ó Cantón dos Moreno, para visionar as curtas de carácter nacional e internacional que participan nesta sexta edición do festival.
Premios A Toda Mecha
Son once os grupos que nestes momentos continúan as súas rodaxes nas localizacións elixidas en Ribadeo e arredores. Moito cansancio, sono, pero sobre todo, moitas ganas de conseguir unha peza gañadora. Así, nesta categoría do festival, outorgaranse distintos premios, pero só será un deles o que gañe o Misto de Pau á Mellor Curta, obtendo 3000 euros en metálico. Desta forma, os equipos tamén competirán por conseguir os seguintes premios:
* Misto de Pau á mejor Corto grabado en Gallego.
* Misto de Pau al mejor Documental.
* Misto de Pau al mejor Guión.
* Misto de Pau a al mejor Dirección de Arte.
* Misto de Pau al mejor Actor.
* Misto de Pau al mejor Actriz
Para máis información visitar a web: www.ofestivalon.com
Ou a través de correo electrónico: info@ofestivalon.com / prensa@mrmisto.com