Según explica o director do centro, Ramón Hermida, “é aberto a todos os públicos e iniciarase o 19 de xullo”. O curso ten unha duración de 30 horas e impartirase en Burela de luns a xoeves en horario de 10 a 11:30 e de 20:30 a 22 horas. Os interesados en participar poden anotarse na propia academia. Hermida explica que “os obxectivos específicos que abordaremos pasan por coñecer e manexar Word 2007 como ferramenta de edición de textos, coñecer e manexar Access 2007 para a realización de bases de datos, acercarémonos a Excel 2007 para facer follas de cálculo e a PowerPoint como ferramenta de deseño de diapositivas”