BARREIROS .- Presentouse en Barreiros a XX Edición do Concurso de Castelos de Area, que se celebrará na praia de Arealonga en Barreiros este domingo día 25. o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu á presentación na que tamén tamén estiveron Manuel Méndez e Arturo Dorado, membros da organización do certame, e Alfonso Fuente, alcalde do concello de Barreiros.
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA XX EDICIÓN DO CONCURSO DE CASTELOS DE AREA DE BARREIROS
A Área de Deportes da Deputación colabora co evento, que se celebrará este domingo día 25 e é un dos máis característicos da época estival na Mariña
BARREIROS, 22 de maio de 2010. Esta mañá, o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu á presentación da XX Edición do Concurso de Castelos de Area, que se celebrará na praia de Arealonga en Barreiros este domingo día 25. Na presentación tamén estiveron presentes Manuel Méndez e Arturo Dorado, membros da organización do certame, e Alfonso Fuente, alcalde do concello de Barreiros.
Na presentación, Veiga afirmou que “a Área de Deportes da Deputación non pode deixar de apoiar unha iniciativa que leva tantos anos celebrándose e é tan propia do lugar como este certame de Castelos de Area”. Os ao redor de 400 participantes no certame estarán no areal sobre as 12 da mañá, e realizarán os seus traballo durante a baixamar. Ás 13:15 horas, as creacións estarán rematadas e ao redor desa hora se fará entrega dos trofeos aos creadores dos castelos e figuras gañadoras.
Segundo afirmaron os membros da organización, nesta edición do coñecido certame agárdase a participación de cerca de 400 persoas. Todos os anos o número de concursantes é moi elevado, xa que se celebra nun dos momentos que máis afluencia turística hai na zona. Ademais de colectivos de discapacitados, participarán no certame persoas tanto de Barreiros como doutros concellos, e tamén concursarán turistas que se atopan nos cámpings ou nos campamentos achegados á praia. Haberá 60 trofeos, ademais de obsequios para os participantes.