O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais e Xuventude, organizou unha viaxe o 10 de xullo ao Aquapark de Cerceda no que participaron un total de 35 rapaces e rapazas. Durante un espléndido día, puideron disfrutar das diferentes instalacións do Parque: piscinas, tobogáns. A viaxe fixérona acompañadas pola Técnica de Información Xuvenil María José Alonso e polo Monitor de Natación José Manuel Blanco.