O rexedor mandou “unha mensaxe de tranquilidade aos nosos veciños diante da convocatoria desa manifestación para o día 26 falando de salvar o Hospital da Costa. Nós debemos facelo así, como respresentantes políticos que somos dos barreirenses temos que decirlles que ésta é unha manifestación política dirixida contra o PP. Nós temos o garante do presidente da Xunta e da conselleira de Sanidade de que non se van perder servizos, senón que se están a realizar investimentos nese centro. É certo que as listas de espera están aí, o bipartito as ocultaba e o PP púxoas á vista e está tentando reducilas”.
Fuente Parga dixo que “tamén somos conscentes de que o Sergas fixo investimentos no centro de saúde de Barreiros e seguirá facendo máis. Queremos lanzar esta mensaxe aos veciños decíndolles que ésta é unha manifestación política que moi pouco ten que ver co hospital porque a garantía de que o Hospital da Costa vai seguir atendendo a todos os veciños de Barreiros a temos moi clara”. O alcalde engadiu que “os políticos de Barreiros tamén vivimos aquí e tamén nos preocupa a situación e si houbese algún problema coa sanidade seríamos nós os que teríamos que reivindicar diante da Consellería que había que mellorar os servizos, pero como vemos que eso se está a cumplir por eso queremos lanzar esa mensaxe de tranquilidade e decir claramente que non se apoie esta convocatoria organizada polo BNG e polo PSOE contra o PP”.
Pola súa banda, José Manuel Gómez Puente quixo “transmitirlle unha mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños de Barreiros e da Mariña, son enfermeiro e estou en contacto coa problemática dos cidadáns e penso que a calidade que se lles está a prestar é óptima”.
O tenente de alcalde anunciou que “en Barreiros no verán haberá un médico para atender aos desprazados, algo que nos últimos catro anos nunca tivemos, aumentamos o número de médicos durante o verán xa que antes sempre disminuía por vacacións, baixas, etc. Tanto que falan de recortes e de perda de servizos teño que decir que eso non é certo porque a Consellería de Sanidade é especialmente sensible con todo esto, co apoio e co reforzo dos servizos que temos”. Gómez Puente dilles aos barreirenses que “estean tranquilos e que non se deixen manipular, xa os coñecemos, sabemos como actúan e agora tentan demonizar a sensibilidade da xente para gañar catro votos porque as eleccións están aí e penso que ese é o motivo da plataforma e da movilización”.