CERVO .- A Consellería de Traballo comunicou ao Concello de Cervo que investirá 651.741 euros para a posta en marcha do obradoiro de emprego “Terras de Azul Cobalto”. Una cantidade destinada, na súa maior parte, a financiar os salarios que recibirán os monitores e os alumnos, aseguran desde o Concello de Cervo. O obradoiro formará durante un ano a 27 persoas en albanelería, xardinería e atención socio-sanitaria.
Nota de Prensa
TRABALLO CONCEDE UNHA AXUDA DE 652.000 EUROS AO CONCELLO PARA A POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO DE EMPREGO
* Formará durante un ano a 27 persoas en albanelería, xardinería e atención socio-sanitaria
* Vai dirixido a desempregados de 25 a 65 anos empadroados no concello e que estean rexistrados coma demandantes de emprego na oficina do INEM
Cervo, 8 xuño de 2010.- O alcalde de Cervo estaba hoxe moi satisfeito. Non en vano “despois de moitos anos intentando conseguir unha iniciativa deste tipo, hoxe xa podemos dicir que é unha realidade”, explicaba Alfonso Villares. En efecto, o 1 de xullo comezará a funcionar o Obradoiro de Emprego “Terras de Azul Cobalto”, no que 27 persoas terán a oportunidade de formarse durante un ano.
A Consellería de Traballo comunicou a Cervo o seu visto e prace a este proxecto, no que se investirá 651.741 euros. Una cantidade destinada, na súa maior parte, a financiar os salarios que recibirán os monitores e os alumnos.
A iniciativa está dirixida a persoas con idades comprendidas entre 25 e 65 anos empadroados no concello e que estean rexistrados coma demandantes de emprego na oficina do INEM. Dividirase en tres módulos, con nove alumnos cada un. Esas disciplinas serán albanelería, Medio Ambiente /Xardinería e Atención Socio-Sanitaria.
Segundo indicou o alcalde cervense, o objetivo é formar a 27 desempregados para que, una vez terminado ese período de ensinanza, poidan incorporarse de forma estable ao mercado laboral. O rexedor salientou neste sentido que esta ferramenta formativa e de reinserción laboral vai permitir adecuar aos alumnos ás demandas do mercado de traballo en especialidades demandadas coma é o caso da atención sociosanitaria, “especialidade con moita saída laboral e que no futuro será aínda máis demandada” asegurou o rexedor.
Pero ademais de crear emprego, o Obradoiro tamén reportará obras para o concello cervense. Efectivamente, o taller inclúe formación teórica, pero tamén práctica. Durante esas sesións, os alumnos de albanelería construirán o Centro Social da Senra, os de xardinería acometerán a creación de nova zonas verdes e farán traballos de mantemento das existentes; e os integrantes do módulo de asistencia socio-sanitaria desenvolvan tarefas de apoio e coidado a persoas dependentes.
O alcalde quixo destacar que é moi importante que as persoas interesadas en participar estean anotadas na oficina del INEM. Este servizo será o encargado de enviar ao Concello unha lista de candidatos para que se poida realizar a selección tanto de alumnado como de persoal docente.
Desde o Concello confían en que este taller supoña un paso positivo para Cervo. Por iso o alcalde quixo destacar que ademais da formación e reinserción para unha trintena de persoas, o conxunto dos cervenses tamén se verán beneficiados por este Obradoiro “porque gracias a el poderanse acometer obras e actuacións que redundarán en beneficio de tódolos veciños e veciñas do municipio ao tempo que nos permitirá reinsertar laboralmente a persoas que se atopan nunha franxa de idade das máis problemáticas para atopar traballo”.