Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballadores de Alcoa farán folga de celo en protesta pola redución de postos de traballo en San Cibrao

SAN CIBRAO .- A asemblea de traballadores da fábrica de aluminio Alcoa, de San Cibrao, acordou levar a cabo medidas de presión en protesta pola redución de postos de traballo na factoría, o que afecta á seguridade dos empregados e ao mantemento das instalacións. Así o explicou en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, quen anunciou que unha das accións que realizarán é unha folga de celo.
Na asemblea de traballadores de Alcoa en San Cibrao tamén decidiron non facer horas extraordinarias e hoxe protagonizaron unha concentración de protesta. Ademais anunciaron que levarán a cabo outras mobilizacións nas próxima semanas.

Exit mobile version