A MARIÑA .- Lara Mourelle Vázquez e Lucía Barrera López, do IES Perdouro de Burela; Eva Ramos López e María Carmen Vázquez Friol do IES de Foz; Luísa Fernández Clavero do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo e Uxía Otero González do IES Marqués de Sargadelos de Cervo, seran distinguidas nun acto de recoñecemento polas notas acadadas nas Probas de Acceso á Universidade ao superar a puntuación de nove
NOTA DE PRENSA
Desde o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizarase o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de *nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con limite de prazas) *das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.
ALUMNAS DO IES PERDOURO:
Lucía Barrera López
Lara Mourelle Vázquez
O Acto terá lugar o venres día * 9 de xullo *ás* 18:00 horas* na *Sala Ángel Brage *do *Auditorio de Galicia, *sito no Burgo das Nacións, preto da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.