Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanidade decidiu deixar sen radiologo de garda o Hospital da Costa, asegura a xunta de persoal da área norte

A MARIÑA .- A Xunta de Persoal da área norte, asegura que a Consellería de Sanidade decidiu “deixar sen radiólogo de garda o Hospital da Costa” e manifesta a súa  adhesión as reivindicacións da Plataforma Sanitaria en defensa da Sanidade Pública da Mariña.

Nota e Prensa

A Xunta de Persoal da área norte, quere manifestar a súa  adhesión as reivindicacións da Plataforma Sanitaria en defensa da Sanidade Pública da  Mariña, e por en coñecemento dos cidadáns da Mariña da  ultima decisión da Consellería de Sanidade de deixar sen Radiólogo de garda o Hospital da Costa.

Esta medida suporía que varios hospitais (inicialmente os hospitais comarcais) compartirían a un único radiólogo de garda, que informaría todos os estudos radiolóxicos solicitados desde todos os Servizos de Urxencia e todas as exploracións urxentes dos pacientes ingresados nos Hospitais.

Isto obrigaría a derivar en ambulancia, a unha distancia considerable, a  mais de 100 km, aos pacientes que requiran dunha ecografía ou un estudo radiolóxico intestinal con contraste.

“No caso de que, por exemplo, un accidentado precise dunha ecografía urxente que se fará, ¿trasladarase o paciente a Lugo xogando ca súa vida?, ¿iniciarase unha intervención cirúrxica sen diagnostico fiable?, é esta a calidade e a cercanía que nos queren ofertar co novo modelo de xestión?.

A eficiencia e a calidade nos servizos de radioloxía non pasa por informar arreo e desde un punto remoto exploracións de pacientes descoñecidos, solicitadas por médicos descoñecidos, senón realizando unicamente as exploracións necesarias, segundo protocolos de consenso. Con respecto a isto hai que ter en conta que esta Consellería paralizou o Plan de Mellora de Atención Primaria.

O argumento da escaseza de radiólogos carece de fundamento xa que neste hospital temos facultativos para facer gardas, que teñen  demostrada sobrada capacidade de traballo.

Dada a grave situación que esta Comarca está a vivir, pedimos a  os cidadáns  da Mariña que acudan a manifestación  do sábado dia 26 as 12h convocada pola PLATAFORMA SANITARIA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA e manifesten o seu desacordo coas medidas da Consellería.

Exit mobile version