Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibrao celebra o día 19 o XXV aniversario da Maruxaina

SAN CIBRAO .- A asociación cultural “Amigos da Maruxaina” celebrará o domingo, día 19 de xuño, o XXV aniversario desta festa declarada de interese turístico de Galicia, paro o que programou diversos actos.

NOTA DE PRENSA

“Amigos da Maruxaina” festexará o vindeiro domingo, día 19 o XXV aniversario da súa festa

San Ciprián, 19 de xuño de 2010.- A asociación cultural “Amigos da Maruxaina” celebrará o vindeiro domingo, día 19, o XXV aniversario desta festa declarada de interese turístico de Galicia.

Varios membros da directiva deron a coñecer hoxe o contido do programa de actos nunha rolda de prensa. Segundo indicaron, o obxectivo desta celebración non é  outro que o de conmemorar os 25 anos de existencia desta celebración que xurdiu de xeito espontáneo por parte duns veciños de San Ciprián “e por iso, queremos convidar a todos aqueles Maruxainos de corazón a participar nesta homenaxe a todas aquelas persoas que ano tras ano levan facendo posible que esta festa” indicaron.

O programa de actos é o seguinte:

12:00h CONCENTRACIÓN DE MARUXAINAS-OS na Prazoleta, todos ataviados cos traxes típICOS e resto de apare/los, non esquecerse dos cornos, e Si elas traen cestos, nestes virá algo para pinchar…

12:30h Inauguración, na Casa da Cultura, da EXPOSICIÓN “MARUXAINA: 25 ANOS DA FESTA, DUHNA LENDA, DESTE POBO”.  Á saída, fronte o Museo, cantaremos o HIMNO DE SAN CIPRIAN, coa conséguente foto de familia.

13:00h todos a Penameá para realizar os ACTOS DO XXV ANIVERSARIO DA FESTA DA MARUXAINA:

# O son dos cornos e gaitas DESCUBRIMENTO DA PLACA CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO obra do maruxaino Anxel Cao
# HOMENAXE en memoria dos-as MARUXAINOS-AS que xa non están.
# ENTREGA DUN COLAR MARUXAINO á NOSA NEREIDA nas pedras de Penameá.

14:30h Xa sabemos, xa sabemos ¿non vamos comer logo? Pois si…. hai XANTAR DE IRMANDADE na carpa situada na Prazoleta.

17:30h Catro vellos mariñeiros acompañarán á MARUXAINA, que virá desde a Cova de Xan Vello para tomar un papado de quelmada con nós.

18:00h O Queimador Maior hanos de preparar unha QUEIMADA para os presentes.

HOMENAXE AS COMISIÓNS DE FESTAS: entrega de figuras da Maruxaina, os presidentes das Comisións de Festas destes XXV anos.

18:30h Non tocan os Píndaros, nin a orquestra Amor pero temos a Diego que nos poñerá unhas pezas no tocadiscos e hala .. A BAILAR ..

21:00h Cada un para a súo casa, que xa hai que ir preparando outros vintecinco anos da Maruxaina…

As persoas interesadas en participar no xantar de irmandade que se vai celebrar na prazoleta deberán reservar a súa invitación adquirindo unha das tarxetas que se atopan á venta nos seguintes locais da vila:

* Bar Candal
* O Noso Lar
* Bar restaurante Buena Vista
* O Pedregal
* Floristería Pétalos
* Ou dirixíndose a calquera membro da organización.

O prezo das invitacións é de 22 euros por persoa e o prazo para retirar as tarxetas finalizará  o sábado 19 de xuño. Os asistentes ao xantar recibirán un agasallo en cerámica alusivo aos 25 anos desta celebración.

Ata o momento a organización ten confirmada a asistencia aos actos das seguintes autoridades: Rosa Quintana, conselleira do Mar; Roberto Varela, conselleiro de Cultura; José Manuel Balseiro, secretario da Mesa do Parlamento de Galicia; José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo; Alfonso Villares, alcalde de Cervo.

“Amigos da Maruxaina” agradeceu na rolda de prensa a colaboración prestada pola Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Cervo e ACIA San Ciprián para levar adiante esta celebración e valoraron moi positivamente a asistencia destes persoeiros políticos “porque demostra que esta festa é un nexo de unión entre as persoas e está por riba de calquera ideoloxía”.

Exit mobile version