RIBADEO (FNC) .- O Concello contrata a 2 xefes de equipo e 8 peóns socorristas pola modalidade de obra ou servizo determinado-interese social durante un prazo de 3 meses. Entre os requisitos específicos que se esixen figuran: estar en posesión do título de graduado escolar, ESO, equivalente ou superior e tamén estar en posesión do título oficial de socorrista coa renovación anual da licencia. Para os postos de xefe de equipo será preciso estar en posesión do título de patrón de embarcacións deportivas. Os aspirantes a estas prazas deberán estar inscritos necesariamente como demandantes de emprego.
Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologadas.
Os interesados poden presentar a documentación demandada ata as 14 horas do vindeiro 24 de xuño. As probas de selección terán lugar o 28 de xuño ás 10 da mañá na piscina municipal e na Casa do Concello.