Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata a tres capataces de motobomba para o servizo de extinción de incendios forestais

O Concello de Ribadeo contrata a tres capataces de motobomba para o servizo de extinción de incendios forestais pola modalidade de obra ou servizo determinado e por un prazo de tres meses e medio. Debe estar en posesión do permiso de conducir da clase C e contar co certificado de estudios primarios, graduado escolar, ESO ou titulación equivalente. Valoraranse os servizos prestados no Concello ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologadas e tamén a experiencia. Para presentar a documentación solicitada, ata as 14 horas do 21 de xuño de 2010 no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello.

Exit mobile version