Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo busca voluntarios para o Camiño de Santiago

RIBADEO (FNC) .- . Ribadeo busca voluntarios para o Camiño de Santiago. Segundo explica a coordinadora do Xacobeo neste concello, Beatriz Fojo, “precisamos voluntarios para o albergue, a oficina de turismo como punto de información e tamén voluntarios a pé de camiño”. As persoas interesadas deben ter máis de 18 años.

Os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela poden obter ata 4 créditos de libre configuración por participar neste programa e os da Universidade da Coruña 2 créditos. Fojo sinala que “terían que facer un curso on-line e xa poderían empezar a traballar durante un mínimo de 3 días e un máximo de 15”.

A coordinadora do Xacobeo en Ribadeo sinala que “todos os voluntarios recibirán unha axuda para a manutención”. As persoas maiores de 65 anos que desexen converterse en voluntarios por uns días tamén poden anotarse, “non terán que facer o curso on-line, pero poderían contar a súa experiencia no camiño”.

Os interesados en obter máis información sobre este programa de voluntariado pode dirixirse aos seguintes teléfonos: 620 62 17 34 e 900 400 800.

Exit mobile version