NOTA DE PRENSA:
Beatriz Mato e González Barcia reúnense mañán en Santiago.
O portavoz do PP plantexará usos para a Casa do Mar.
“O bipartito burelés non fixo nada pola gardería”, afirma Barcia.
A Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, recibe mañán em Santiago ó portavoz popular de Burela, José María González Barcia.
González Barcia solicitou esta entrevista “para falar de asuntos que competen ó concello de Burela, ante a pasividade absoluta do alcalde e do bipartito. Falaremos de dous asuntos importantes, posibles usos da Casa do Mar por un lado, e a gardería por outro”.
O portavoz dos populares considera que o edificio da Casa do Mar pode ser usado para determinados servicios sociais. Sobre a gardería, Barcia considera que “hai que comenzar a falar para buscar solucións. Pero o que non se pode facer é estarse quietos, como está o alcalde e o bipartito, e limitarse a mandar papeliños. Na Consellería non hai Constancia algunha de que o alcalde teña solicitada entrevista coa Conselleira para falar destes asuntos, proba de que nin o alcalde nin o bipartito teñen ningún interés nos mesmos. Como o demostra que non falaran coa Xunta bipartita sobre estes dous problemas, e tempo tiveron para falar, porque eles mesmos recoñecen que en Setembro de 2007 xa había nenos en lista de espera para a gardería.
Barcia confia en que da reunión saia unha liña de actuación para o futuro, “algo que hasta agora non había”.