Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron os obradoiros de memoria de Cervo que se pecharán cun acto na Casa da Cultura

CERVO .- Remataron no concello de Cervo os obradoiros de memoria que a concellaría de Muller organiza en todos os centros sociais e que pecharán nun acto que terá  lugar o venres, 25 de xuño, ás 20 horas, no auditorio municipal da Casa da Cultura

Nota de Prensa

No transcurso do mesmo procederase á entrega de trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos aos participantes nestes obradoiros que serviron de pulo á actividade nos centros sociais do rural

CERVO ORGANIZA UNHA VELADA DE PECHE DOS OBRADOIROS DE MEMORIA

* O acto terá  lugar o venres, 25 de xuño, ás 20 horas, no Auditorio Municipal da Casa da Cultura.

* Os distintos obradoiros foron impartidos e promovidos pola Concellaría de Muller que dirixe Pilar Armada.

Cervo, 24 de xuño de 2010.- Un ano máis finalizan polo grande os exitosos obradoiros de memoria que a Concellaría de Muller do Concello de Cervo organiza en todos os centros sociais. Nesta ocasión a edil, Pilar Armada, convida aos participantes a unha velada de peche. A cita terá lugar o venres, 25 de xuño, a partir das 20 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián e na que tamén haberá unha degustación de petiscos para todos os asistentes.

No transcurso da devandita velada procederase tamén á entrega dos trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos dos distintos participantes nos obradoiros de memoria, iniciativa posta en marcha polo Goberno municipal que serviu de pulo para dinamizar a actividade nos distintos centros sociais que o Concello de Cervo ten distribuídos nas distintas parroquias do termo municipal.

Campionato de tute

Disputouse nunha primeira fase polas distintas parroquias do rural, a parella gañadora de cada centro social disputou a final en San Ciprián. Co seguinte resultado:

* 1º  premio: Pilar Prieto e Mª Carmen Rodríguez

* 2º  premio: Inés González e Pilar Gallego

* 3º  premio: Villa Gallego e Elena Fernández

Campionato de parchís

Desenvolvido na Casa da Cultura de San Cibrao, co seguinte resultado:

* 1º  premio: Elena Fernández e Inés González
* 2º premio (dobre empate): Villa Gallego e Pilar Gallego / Margot Pérez e Mª José Moreno
* 3º premio: Berta Pérez e Clara Rey

Obradoiros de memoria

Pero, sen lugar a dúbidas, a actividade que tivo un maior éxito foi o xa tradicional programa para o desenvolvemento da memoria nas persoas maiores que, nesta edición ampliou a posibilidade de inscrición aos maiores de 55 anos.

A memoria é unha das facultades que antes se deteriora co paso do tempo e, ao mesmo tempo, unha facultade cuxa perda provoca gran desazón e inseguridade. Os obradoiros de Memoria están pensados para desenvolver hábitos e condutas que faciliten a conservación desta facultade e, ao longo dos últimos anos, contan cunha gran participación de veciños e veciñas do noso concello.

Exit mobile version