Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron en Ribadeo as xornadas de introdución e coñecemento da cultura vinícola “Beber do País”

RIBADEO .- Clausuráronse en Ribadeo as xornadas que se celebraron en Ribadeo os dende o pasado luns, dentro da iniciativa “Beber do País”, cursiño de introdución e coñecemento da cultura vinícola. O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu ao acto.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA ASISTIU Á CLAUSURA DAS XORNADAS DE PROMOCIÓN DO VIÑO GALEGO EN RIBADEO

As xornadas, organizadas desde a Asociación Provincial Empresarios Hostalería de Lugo, celebráronse no Parador de Ribadeo os días 28, 29 e 30 de xuño

RIBADEO, 30 de xuño de 2010. O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á clausura das xornadas que se celebraron en Ribadeo os dende o pasado luns, dentro da iniciativa “Beber do País”. O cursiño de introdución e coñecemento da cultura vinícola lucense e galega foi posto en marcha pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería de Lugo e a Asociación Galega de Viticultura (pertencente a FRUGA), coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e presentouse a semana pasada na casa do concello, coa presenza de, ademais de Antonio Veiga, Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, Manuel González Vilas, vicepresidente da Asociación Galega de Viticultores, e Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo.

Na súa intervención, Antonio Veiga manifestou a súa satisfacción polo éxito das xornadas,  e o seu agradecemento ás organizacións que fixeron posible a celebración das mesmas. Lembrou o acerto que supuxo que tiveran lugar nun lugar como a Mariña, que si ben é unha zona onde non se produce viño, si que pode presumir doutros produtos da terra e do mar. Subliñou a importancia de iniciativas deste tipo que “procuran divulgar e afondar na cultura do viño en Galiza noutras partes do país”.

O curso contou con 40 prazas que foron postas a disposición do público e desenvolveuse de 17 a 19 horas, comezando o pasado luns coa xornada de iniciación á cata, a cargo do director técnico da Adega Moraima, Fernando Rodríguez Pequeño. Neste primeiro día, realizouse unha aproximación á fase visial da cata e maila olfativa e gustativa. Onte martes, fíxose unha cata de cada un dos viños xenéricos de cada Denominación de Orixe, e valoráronse as principais características destas. Para rematar, hoxe, Roberto Regal López, da Consultora Vinícola RL, dirixiu a cata de viños de marca de cada D.O., e sinalou as diferenzas que poden aparecer en canto á elaboración de cada adegueiro.

Os viños que se cataron nestas xornadas son Fragas do Lecer (Godello-Treixadura 2009) con Denominación de Orixe Monterrei, Eidosela (Albariño 2009) con D.O. Rías Baixas, San Mamed (Mencía 2009) con D.O. Ribeira Sacra, San Martiño (Mencía-Caíño 2009) con D.O. Ribeiro, e Bioca (Godello 2009) con D.O. Valdeorras

Exit mobile version