O Concello de Burela ofreceu unha recepción ao equipo de cadetes da SD Burela polo seu ascenso á liga galega. O acto estivo presidido pola concelleira de Deportes, Neves Cando. Cos rapaces aparecen na foto o presidente do clube, José García Iglesias; o adestrador, Jesús Cao, e o delegado do equipo, José Mª García.
