Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e BNG rexeitan unha emenda do PP sobre as vivendas de San Juan Bautista e Antonio Garelly en Burel

Nota de Prensa

Proposta en comisión parlamentaria polo Grupo Popular como emenda a unha iniciativa dos nacionalistas, que non a aceptaron

PSOE E BNG REXEITAN IMPULSAR UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO CONCELLO DE BURELA PARA OS GRUPOS DE VIVENDAS DE SAN JUAN BAUTISTA E ANTONIO GARELLY

Santiago, 24 de xuño de 2010.- Os grupos parlamentarios do PSOE e do BNG rexeitaron hoxe no Parlamento galego impulsar unha Área de Rehabilitación Integral (ARI) no concello de Burela para os grupos de vivendas de San Juan Bautista e Antonio Garelly. Na Comisión parlamentaria de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, o Grupo Popular fixo esa proposta como emenda a unha iniciativa dos nacionalistas, que non a aceptaron.

A iniciativa do BNG pretendía dedicar fondos públicos para rehabilitar as ditas vivendas, malia ser xa estas privadas. Nese sentido, o portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Román Rodríguez, salientou que os nacionalistas, na súa etapa no anterior Goberno da Xunta, “tardaron 5 meses en darse conta do seu erro”, ao non executar o que tiñan planificado, malia ter a preceptiva licencia, “por falta de vontade política”. En todo caso, Rodríguez apuntou que, de ter realizada a rehabilitación prevista, sentaríase “un precedente moi perigoso”, precisamente polo carácter privado das vivendas.

O deputado popular fixo fincapé en que a mellor solución para o caso destes grupos de vivendas é establecer unha ARI, tal como propoñía o seu grupo, unha opción “moito máis ambicioso que a presentada polo BNG, que se limitaba unicamente a un cambio de tellados”. Pola contra, a ARI supón a execución de melloras tanto no interior coma no exterior das vivendas, a través dun convenio solicitado polo Concello ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, no que participarían tanto a propia Administración local, coma a Xunta de Galicia e o dito Instituto.

Exit mobile version