CERVO .- Miguel Baltar, de San Cibrao, e Juan Antonio Fernández, de Xove, foron os gañadores do concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta”. As obras estarán expostas por un período inicial de 15 dias no Centro de Cultura e Servizos a Cidadanía de Cervo e posteriormente faranse con elas unha exposición itinerantes en diferentes puntos do concello.
Nota de Prensa
MIGUEL BALTAR E JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ FORON OS GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “CERVO RESPECTA”
Cervo 2 de xuño de 2010.- O pasado luns pola noite tivo lugar no Centro de Cultura e Servizos a Cidadanía de Cervo o fallo do xurado do Iº Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta”.
O acto estivo presidido polo alcalde de Cervo D. Alfonso Villares Bermúdez que resaltou o nivel das obras e agradeceu a participación e a asistencia o reconto final da puntuación.
O xurado estivo formado por 5 profesionais entre fotógrafos e xornalistas gráficos que desenvolven a súa profesión en diversos medios de comunicación da Mariña. Cada membro podía dar unha puntuación máxima de 70 puntos por obra e todos eles salientaron a dificultade á hora de elixir a un so gañador en cada unha das categorías establecidas.
Na categoría xuvenil (menores 18 anos) participaron 2 concursantes, os cales aportaron 6 obras (cada un dos participantes podían presentar un máximo de 3 fotos). O primeiro premio recaeu en Miguel Baltar Fernández, de 14 anos e de San Ciprián coa obra titulada “Triacastela” que sumou un total de 235 puntos, mentres que o segundo premio foi para Aldara Juárez Calleja, de 10 anos e de Rio Cobo, coa foto “Ventana” que sumou un total de 224 puntos.
Na categoría adulta (maiores 18 anos) participaron un total de 10 persoas, presentando cada un o número máximo de obras (30 fotos).
O primeiro premio recaeu en Juan Antonio Fernández Vázquez, natural de Xove coa súa instantánea “Presa de Sargadelos”, que sumou un total de 272 puntos; mentres que o segundo premio recaeu en Francisco Rodríguez Salgueiro, de Burela, coa obra “Planta do Pé” que acadou 262 puntos.
As obras estarán expostas por un período inicial de 15 dias no Centro de Cultura e Servizos a Cidadanía de Cervo e posteriormente faranse con elas unha exposición itinerantes en diferentes puntos do concello.
O Iº Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” púxose en marcha o pasado mes de marzo e tiña por obxecto celebrar o Día do Medio Ambiente, que ten lugar o 5 de xuño. A concellería de Medio Ambiente decantouse pola organización deste evento para que os aficionados á fotografía puideran amosar as súas creacións baseadas na natureza tendo como base o respecto ao medio e á conservación do patrimonio natural.