Nota de Prensa
Mañá venres 18 de xuño ás 11:15 h terá lugar na biblioteca do IES Perdouro a presentación da revista Maruxía nº 16. Esta publicación, editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico. Nesta ocasión, a revista estrea formato e conta tamén cun novo equipo de redacción e maquetación formado por alumnado de 1º de Bacharelato. Este ano eles foron os principais responsables da elaboración da revista.
Ademais disto, entregaranse os premios do concurso de poesía, relatos e imaxes convocado anualmente no IES Perdouro pola Asociación Cultural “Os Matos”. As obras gañadoras aparecen publicadas no número de Maruxía deste curso e mañá os premiados recibirán un diploma e uns agasallos.