Site icon Crónica3.com A Mariña

Pregunta o PP polas previsións da Xunta para a apertura da residencia de maiores de Covas

Npta de Prensa

Os populares salientan que se trata da principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150  prazas de residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día

A COMISIÓN DE SANIDADE DO PARLAMENTO DEBATIRÁ MAÑÁ UNHA PREGUNTA DO DEPUTADO DO PPDEG JOSE MANUEL BALSEIRO SOBRE  AS PREVISIÓNS  DA XUNTA PARA A APERTURA DA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE COVAS (VIVEIRO)

* Os populares salientan que se trata da principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150  prazas de residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día.

* Durante meses o Goberno municipal bloqueou os trámites previos á apertura do centro, alegando a necesidade de garantir unha condicións se cumprían dende o primeiro momento: que o 100% das prazas foran sostidas con fondos públicos e os criterios de selección de persoal seguiran baremos públicos.

Santiago, 29 de xuño de 2010.- A orde do día da Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento de Galicia prevista para mañá mércores 30 de xuño de 2010, a partir das 9.00 horas, inclúe unha  iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol na que se interesa sobre as previsións da Xunta de Galicia para a  apertura da residencia de persoas maiores de Covas, no concello lucense de Viveiro.

A Consellería de Traballo e Benestar vén de promover a construción dunha residencia de persoas maiores que se configurará como a principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150 residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día. Ademais do servizo social que ofertará esta nova residencia, está previsto que a súa apertura contribúa a xerar entre 70 e 100 postos de traballo directos. O montante global do orzamento mobilizado estará entorno a 7,8 millóns de euros.

ATRANCOS DO GOBERNO MUNICIPAL

Rematadas as obras de construción e superado o bloqueo imposto polo Goberno municipal de Viveiro que ata finais do mes de maio non presentou a proposta da alcaldía ao Pleno ratificando as condicións de cesión do solar onde está situada esta residencia a favor da Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO), cómpre agora coñecer as previsións que manexa a Xunta respecto da entrada en servizo do centro.

CONDICIÓNS QUE SE CUMPRIAN DENDE O INICIO

Balseiro lembra que tal e como recoñece o convenio entre o Concello de Viveiro e SOGASERSO –a sociedade titular da residencia participada polas caixas de aforros galegas- as condicións  das que facía depender a Alcaldía  a ratificación definitiva na cesión dos terreos se cumprían desde un principio: A Xunta sempre mantivo que o 100% das prazas serías sostidas con fondos públicos, non só en Viveiro senón tamén no resto das residencias de próxima apertura (Monforte e Vimianzo), e ademais (cita literal do convenio) “ambas partes consideran que os criterios de selección para a contratación de postos de traballo que emprega habitualmente SOGASERSO cumpren o obxectivo de transparencia que esixe o Concello”.

En consecuencia a única conclusión é que “o Alcalde socialista de Viveiro non fixou outra cousa que atrasar durante meses os trámites previos á apertura definitiva da residencia, razón que terá que explicar aos seus veciños e aos potenciais beneficiarios deste centro, aos que privou durante un tempo do seu disfrute”-conclúe Balseiro Orol

Coa nova residencia de Covas (Viveiro) acádase un avance na prestación de servizos de atención ás persoas maiores da zona da Mariña, ao tempo que se dá un paso máis na creación dunha auténtica rede de servizos sociais sostidos ao 100% con fondos públicos.

Exit mobile version