XOVE/SAN CIBRAO .- Portos de galicia instalará dous elevadores e un cadro de subministro eléctrico no porto de Morás, en Xove, e un terceiro elevador no de San Cibrao. A actuación foi solicitada pola confraría e facilita as descargas.
Nota de Prensa
Esta actuación foi solicitada pola confraría con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporán un investimento duns 12.000 euros
PORTOS DE GALICIA INSTALARÁ DOUS ELEVADORES E UN CADRO DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO NO PORTO DE MORÁS E UN TERCEIRO ELEVADOR NO DE SAN CIBRAO
* A instalación destes elevadores de 150 quilos facilitarán as descargas dunha forma mais axeitada nestes dous portos
Santiago, 29 de xuño de 2010.- O ente público Portos de Galicia instalará un cadro de subministro eléctrico e dotará ao porto de Morás de tres elevadores. Esta actuación foi solicitada pola confraría de pescadores con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporán un investimento duns 12.000 euros.
Esta petición, que foi solicitada pola confraría de pescadores consiste na colocación dun cadro de subministro eléctrico para que as embarcacións poidan facer os traballos de reparación e mantemento, así como a instalación de tres elevadores de 150 quilos para poder facer as descargas dunha forma mais axeitada. Dúas unidades destes elevadores irán emprazados no porto de Morás e unha terceira no de San Cibrao
Plan de Investimentos en obras Menores
o ente público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Lugo de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.
Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.