Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia dotará ao peirao norte de Burela dunha zona de acopio e recollida de aceites

SANTIAGO .- Portos de Galicia dotará ao peirao norte do porto de Burela dunha parcela de acopio e recollida de aceites para servizo de Marpol. As obras consisten nun pequeno recinto pechado para que os usuarios do porto poidan depositar e almacenar os residuos e restos os aceites que se producen nos barcos e nas súas sentinas.

Nota de Prensa

Ambas actuacións foron solicitadas con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporán un investimento duns 17.000 euros

PORTOS DE GALICIA DOTARÁ AO PEIRAO NORTE DO PORTO DE BURELA DUNHA PARCELA DE ACOPIO E RECOLLIDA DE ACEITES PARA SERVIZO DE MARPOL

* As obras consisten nun pequeno recinto pechado para que os usuarios do porto poidan depositar e almacenar os residuos e restos os aceites que se producen nos barcos e nas súas sentinas

Santiago, 21 e xuño de 2010.- O ente público Portos de Galicia ten previsto dotar ao peirao norte do porto de Burela, dun pequeno recinto para acopio e para recollida e almacenamento de aceites do servizo Marpol. Esta actuación foi solicitada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporán un investimento duns 17.000 euros.

As obras consisten en dotar ao porto de Burela, dun pequeno recinto pechado para que os usuarios do peirao norte do porto poidan depositar e almacenar os residuos e restos dos aceites que se producen nos barcos e nas súas sentinas para, posteriormente, ser recollidos pola empresa especializada neste tipo de residuos, e a súa posterior reciclaxe.

Plan de Investimentos en obras Menores

o ente público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Lugo de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.

Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Exit mobile version