Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP de Burela que se acelere o adecentamento das praias de cara ó verán

ROLDA DE PRENSA

O GMPP pide que se acelere o adecentamento das praias de cara ó verán.

Os populares afirman que a deixadez do bipartito é preocupante e dana a imaxe de Burela.

Aseguran que “cando o PP gobernaba, a estas alturas xa estaban as praias listas”.

O GMPP de Burela reclamou hoxe nunha rolda de prensa celebrada na Praia de Portelo “que se acelere o adecentamento das praias do concello, xa que a día de hoxe deberían estar completamente acondicionadas e mesmo os socorristas deberían comenzar o seu traballo este fin de semana”.

Os populares afirman que nada se fixo nas praias hasta o día de onte, o que impediu comenzar a temporada estival con normalidade, temporada que segundo os criterios “Bandeira Azul” comenza o día quince de Xuño. A estas alturas, “os socorristas están sen contratar”, cando outros anos como mui tarde comenzaban o derradeiro fin de semana de Xuño a traballar. Igualmente, “a praia de Portelo presenta deficiencias na superfície de area. Están sen colocar as cabinas hixiénicas en Ril e en Portelo, e tampouco se colocaron as casetas para os socorristas. Ademais, a limpeza dos areais deixa bastante que desexar, e faltan en todas elas outros elementos de dotacións das praias, así como a cartelería na Marosa”.

Os populares entenden que a estas alturas do verán queda demostrada a incapacidade do bipartito de abordar as cuestións que pertencen ó día a día, e “se non son capaces de ter o día a día, ‘o día’, dificilmente poden ser capaces de ter proxectos ilusion

antes para os veciños”.

Aseguran desde o GMPP que “a deixadez do bipartito é preocupante o que está a danar gravemente a imaxe de Burela”.

O GMPP: “catro anos de retraso nas obras da estrada da Casilla á Marosa”.

Os populares aseguran que “o concello está a facer con cartos do concello o que tiña que ter feito a Deputación”,

Lembran que a mesma obra, dentro do POL-2006, paralizouna o bipartito da Deputación.

O GMPP asegurou tamén n

o transcurso da rolda de prensa que “as obras de canalización de certos servicios e aceras na rúa da Marosa, desde a Casilla á Marosa, levan catro anos de retraso, gracias ós bipartitos de Burela e da Deputación”.

Os populares aseguran que esta obra, “en gran parte, foi licitada e adxudicada polo equipo de goberno do PP na Deputación dentro do Programa Operativo Local (POL) do ano 2006, a proposta do PP de Burela”. Pero “a chegada de Besteiro e Bao ó goberno da Deputación paralizou a obra, xa que de feito só se chegaron a certificar vinte mil euros de un total presupostado de cento trinta e cinco mil. De terse feito, o concello non poñía un solo euro”. Os popular

es din que toda esta información está nun cartel de obra que se pode ver colocado, desde o ano 2006, no cruce da estrada coa estrada que vai a San Cibrao.

E agora, “o alcalde e o bipartito burelés fan a obra, pero en boa medida con cartos de todos os cidadáns de Burela, xa que hai que aportar o vintecinco por cento, ou sexa, algo máis de dez mil euros. Pero o peor é que se está a facer a primeira fase, polo que para o ano 2011 Burela terá que volver a poñer cartos”.

En definitiva, “que o bipartito nos veña vendendo a moto de que cumple para darlle servicios ós cidadáns é vender fume: catro anos de retraso nunha obra fan que lle pidamos ó concelleiro de Obras que se quede no seu traballo, no Hospital, porque desto entende mui pouco, e que lle pidamos ó alcalde que nos explique a todos por qué permitiu que Besteiro e Bao paralizaran a obra que se estaba facendo e se rescindira o contrato que estaba vixente, e por que Burela tén pagar agora o que tiña que ter feito a Deputación”.

Exit mobile version