RIBADEO (FNC) .- Os participantes nos cursiños de condución eficiente dos anos 2009 e 2010 xa poden recoller os seus diplomas na Axencia de Sostibilidade do Concello de Ribadeo. 24 foron os asistentes o ano pasado e 44 os deste.
O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, destacou “a importancia de realizar estes cursos para que todos nos deamos conta da cantidade de combustible que se pode aforrar. Nós orientamos a todo o persoal da Delegación de Medio Ambiente para que o realizase e tamén ao resto do persoal que manexa vehículos do Concello”.
Lixo
Cupeiro pídelle hoxe colaboración á poboación para que “a partires do vindeiro 15 de xuño depositen o lixo nos colectores pola noite co fin de evitar cheiros debido ao calor do verán e tamén para facilitar a súa limpeza durante o día”.