Site icon Crónica3.com A Mariña

Os areais de Barreiros obteñen sete bandeiras azuis e perde o da praia de Fontela

BARREIROS (FNC) .- O alcalde, Alfonso Fuente, fai unha valoración positiva polas sete bandeiras azuis que lucirán nas praias de Arealonga, A Pasada, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar. Neste 2010 quedou sen galardón o areal de Fontela, pero o rexedor descoñece os motivos. Agora está á espera de recibir a comunicación oficial de Adeac.

Fuente Parga fai “unha valoración positiva porque temos sete praias galardoadas. O ano pasado tivemos un máis, pero neste momento non sabemos porque perdeu esa bandeira azul o areal de Fontela, o que si sabemos é que non foi pola calidade da auga porque é apta ao igual que nas outras praias”.

O alcalde engadiu que “ata que recibamos a comunicación de Adeac para saber o motivo e tentar corrixir si en algo non se cumpre non farei outra valoración. Só podo dicir que seguimos a traballar nas nosas praias e con respecto a Fontela dicir que estamos á espera porque a noticia transcendeu aínda hoxe aos medios, queremos coñecer oficialmente os motivos polos que hai a baixa desta bandeira”.

Exit mobile version