A partires desa data desfilaron por A Mariña dirixentes políticos dos diferentes partidos. Uns con responsabilidade de goberno e outros non.
Así puidemos ver por A Mariña, entre outros, os señores Rueda, Gomez Besteiro, Guillerme Vazquez, Feijoo, e as donas Elena Espinosa e Raquel Arias.
Todos eles viñan a interesarse por os danos producidos por as fortes choivas e, aqueles que teñen responsabilidade de goberno, prometer axudas.
Pero eu que creo pouco nas promesas dos políticos fixeime en outra cousa que me chama moito a atención. Todos eles aparecen nas fotos rodeados por dirixentes locais do seu propio partido, pero na maioría dos casos, sen a presenza de dirixentes locais dos outros partidos.
Esta e unha practica que ven sucedendo dende fai moito tempo, e por parte de todos os partidos políticos. En actos políticos e institucionais acoden os distintos pobos e alí reúnense cos representantes do seu partido esquecéndose do alcalde e os concelleiros cando estes son de outro cor político. Como si ese concello non tivera alcalde.
Os dirixentes nacionais e autonómicos representan e gobernan para todos os cidadáns. E non poden esquecer que os alcaldes e concelleiros son os lexítimos representantes dos veciños de cada pobo. E cando acoden a un pobo e non se reúnen, nin reciben, o seu alcalde, en realidade a quen lle están a facer o desplante e os veciños de dito pobo.
Este respecto institucional ten que ser a primeira lección da democracia.
O fareiro de Foz